Produto fresco
Mercamos preto e cociñamos cada día. Do mercado e da lonxa de Vigo ao teu prato, sen atallos.
Quen somos

Tapería · Café Bar
Navia · Vigo
A Tabernuca abriu en xullo de 2024 cunha idea sinxela: que en Navia houbese un sitio onde comer ben, con receitas caseiras e de pucheiro, sen pretensións e co trato de sempre.
Abrimos ás dez da mañá co café e os churros, e pechamos coa última rolda. Entre medias, pratos de agora: croquetas, ovos rotos, roscas, pan bao, polbo, guisos e moito máis. Pregunta polos pratos do día, onde o peixe á prancha e os pratos de culler triunfan e son un acerto seguro.
Somos un bar de barrio a un paseo da praia de Samil, con dúas amplas terrazas baixo cuberta onde poder gozar dos días de sol e mesmo de chuvia, e unha barra e cafetaría onde sempre hai conversa. Moitos dos nosos clientes xa son amigos; o resto, selo serán.
— O equipo d’A Tabernuca
O que nos move
Mercamos preto e cociñamos cada día. Do mercado e da lonxa de Vigo ao teu prato, sen atallos.
Receitas caseiras de toda a vida convivindo con pratos de agora: da croqueta ao bao.
Aquí vense almorzar, xantar, tomar a cana despois do traballo. Navia é a nosa casa.
Opcións sen glute, pratos para levar e encargas. Que ninguén quede sen a súa mesa.
A Tabernuca é un establecemento xestionado por ARBO GOURMET, S.L.